Feliz comezo de Ano

Bo día e Feliz Ano!!

Hoxe primeiro día do ano quero escribirvos para desexar que vós e as vosas familias teñades un bo ano, cheo de moita saúde para tod@s e moitas cousas boas!

Imos a ter que poñer un bo sorriso á vida, e iso é máis fácil se o acompañamos da música!

Hai pezas que nos traen bos recordos, e a min estes días non me sae da cabeza a de:

… todo gracias a VÓS! Pois é fantástico o ben que o pasamos o último día, un orgullo vervos así de felices movéndovos.

Hoxe desde Viena estiven vendo o concerto de Ano Novo, este ano, un pouco diferente, sen público, impresiona ver todas as butacas baleiras, pero podendo escoitar as marabillosas pezas interpretadas.

Non atopei un vídeo de hoxe pero sí vos quero compartir unha das miñas pezas favoritas, coas que remata o concerto todos os anos, a marcha Radetzky!!

Con ela ANÍMOVOS a que APLAUDADES desde as vosas casas, seguide ao director que estivo o ano pasado 🙂 .

Espero que desfrutedes os días que aínda vos quedan de Nadal!

Vémonos pronto, unha aperta para tod@s e moita música!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *